IniciosociedadeBelinda Washington trae novos famosos á Mariña: "Quero ensinarlles este lugar máxico"

Belinda Washington trae novos famosos á Mariña: “Quero ensinarlles este lugar máxico”

Comeza este xoves a nova edición das 'Viaxes de Belinda' por un turismo coidadoso co medio ambiente.

Publicada o

- Advertisement -

Este xoves arrincará a segunda edición do programa de ‘As viaxes de Belinda’ con persoas famosas para atraer turismo de calidade á Mariña de Lugo. Así, a presentadora e actriz Belinda Washington volve poñer en marcha esta iniciativa despois dunha primeira edición en setembro na que participaron catro actrices.

Agora Belinda Washington contará co director de cinema Salvador Calvo, os actores Jordi Sánchez, de ‘La que se avecina’, Antonio Velázquez, actor de series como ‘Tierra de Lobos’ e o cubano Harlys Becerrá que participou en ‘Cara a cara’.

A presentadora durante tres tempadas do programa do corazón ‘Que me dices’ comentou que do que se trata é de “seguir apostando por este soño, que é unha maneira de fomentar de forma moi consentida, moi coidada” un turismo “non masivo” na Mariña de Lugo. “Traio a catro homes fabulosos, un director e tres actores, cunha traxectoria intachable, de grandes profesionais que veñen aquí gozar da Mariña durante catro días”, presumiu.

Belinda Washington lembra como na primeira edición se fixo acompañar de catro actrices, sempre buscando que “coñezan a beleza da Mariña”. “Algúns estiveron en Galicia, pero non estiveron na Mariña e quero ensinarlles este lugar tan máxico que me parece un agasallo”, abundou.

Belinda Washington persegue que isto “repercuta no turismo, un turismo de calidade, non é turismo sibarita, pero si apreciativo, e que saiban coidar A Mariña, con coidado no tema ecolóxico e medio ambiental”. A presentadora de televisión anticipa que o venres fará unha presentación desta segunda edición de ‘As viaxes de Belinda’.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...